Festival dos Abrazos, creacción en aberto

Deter o tránsito nas estacións de paso. Estartelar os ollos e abrazar as pedras. Escoitar en silencio e sentir o seu alento. Abraiarnos coa súa impoñente presenza, dos seus avesíos alicerces aos monstros riseiros que moran enriba dos fumeiros. Pousar as mans sobre o seu corpo enfeitado de frisos e grilandas e, degoirados, percorrer as lenes engurras do tempo. Descifrar o seu murmurio sagrado, o nobelo de vidas que conforman o seu do pasado, o resón das voces que tamén as acariñaron. Deter o tránsito nas estacións de paso. Estartelar os ollos e abrazar as pedras. Escoitar en silencio e sentir o seu alento.
   Textos de Marcos Calveiro

Campo Aberto

Parques e xardíns que rodean a cidade vella de Compostela, como o de Vistalegre, o de Belvís ou o de Bonaval. Espazos de lecer con moita personalidade que o festival transformará en escenarios de concertos, exposicións e outros espectáculos. Ver os Espazos Abertos

Espazos íntimos

A cidade histórica de Compostela garda recunchos pouco coñecidos, que poucas veces figuran nas guías turísticas e que incluso moitos veciños descoñecen. Son xardíns como o de Fonseca, prazas como a da Oliveira e igrexas como a de Santa María do Camiño que o festival convida a descubrir desde o punto de vista da creación artística. Ver os Espazos íntimos

Séguenos en:

Créditos

Patrocina

Colaboran