Festival dos Abrazos, creacción en aberto

É poñer un pé na herba e esquecer. Quedan ás costas os sons da cidade, as carreiras, os berros, o balbordo constante do tráfico e a xente. Ábrese diante o verde que resiste como resistiu sempre, os susurros das follas, os segredos que agocha o vento entre as árbores. Vólveste cómplice de quen camiña coma ti, enchendo os zapatos de terra, mollando os pés coa auga que enchoupa o céspede de mañá, e respiras, e lembras que ti tamén es terra, e árbore, e vento, e esqueces, esqueces o que en realidade non importa.
   Textos de Paula Carballeira

Estacións de Paso

Parques e xardíns que rodean a cidade vella de Compostela, como o de Vistalegre, o de Belvís ou o de Bonaval. Espazos de lecer con moita personalidade que o festival transformará en escenarios de concertos, exposicións e outros espectáculos. Ver as estacións de paso

Espazos íntimos

A cidade histórica de Compostela garda recunchos pouco coñecidos, que poucas veces figuran nas guías turísticas e que incluso moitos veciños descoñecen. Son xardíns como o de Fonseca, prazas como a da Oliveira e igrexas como a de Santa María do Camiño que o festival convida a descubrir desde o punto de vista da creación artística. Ver os espazos íntimos

Séguenos en:

Créditos