Festival dos Abrazos, creacción en aberto

Do 1 o 31 de agosto nos lugares singulares de Compostela

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais pon en marcha este ano a terceira edición do Festival dos Abrazos, un certame internacional que proxecta Santiago de Compostela como escenario da creación e da imaxinación. Así, do 9 ao 29 de agosto, o Festival dos Abrazos transforma algúns dos lugares singulares da cidade, máis de 20, en escenarios das máis novidosas propostas culturais galegas e internacionais.

Música, performances, artes escénicas, circo-clown, artes plásticas, proxeccións audiovisuais e outras disciplinas poden atoparse nas rúas, prazas, parques... e ate nos escaparates de Compostela. Trátase dunha programación extensa, con máis de 80 actividades, desde pequenas intervencións de rúa a grandes concertos, e intensa, combinando a presenza de figuras recoñecidas mundialmente con creadores e proxectos novos.

Este festival converteuse xa na cita de referencia no verán compostelán, tanto para as veciñas e veciños da cidade como para as persoas que nos visitan este mes. Agardo que vos acheguedes con interese a unha programación intercultural e multidisciplinar que quere sorprender e provocar encontros inesperados con todas as artes e que significa un paso adiante na liña da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de ofrecer unha programación cultural participativa e de calidade durante todo o ano.

No Festival dos Abrazos a cultura sae á rúa e os cidadáns e as cidadás sodes os auténticos protagonistas. Convídovos, pois, a que vos apoderedes das propostas innovadoras que se espallan pola cidade e a que, á súa luz, redescubrades outras caras de Compostela.

Socorro García CondeTenenta de Alcalde e Concelleira de Cultura e Centros Socioculturais.

Séguenos en:

Créditos

Colaboran